Sesión: - Último acceso:
Inicialmente deberás elixir o sorteo no que desexas participar (sempre hai un mínimo de 4 sorteos dispoñibles á venda).
Despois deberás escoller o número de 5 cifras (décimo) co que desexas participar nese sorteo. Se o desexas, podes seleccionar ti as cifras deste número ou que o sistema o faga automaticamente por ti de maneira aleatoria, poñendo asteriscos nas cifras que non desexas seleccionar. Debes indicar tamén o número de décimos que desexas adquirir (entre 1 e 10).
------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Se escolles un número en concreto, ten en conta que este número pode non estar dispoñible para a venda por venderse xa ou por venderse soamente a través dalgunha das nosas Administracións de Loterías.
Os décimos xerados son virtuais (nunca che enviaremos o teu décimo en papel, pois estes son vendidos en exclusiva nas administracións de loterías), pero participan nos sorteos nas mesmas condicións que os décimos de papel e coas mesmas probabilidades de gañar premios. A única diferenza é que, se compraches un décimo en papel, deberás presentar este para optar a cobrar posibles premios, mentres que, no caso do décimo en liña, recibirás os teus premios exactamente igual que para o resto de xogos sen necesidade de que presentes nada.
---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
O prezo de cada décimo depende do sorteo no que participe:
------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Terás premio se o teu número (ou algunha das súas cifras) sae escollido no sorteo dentro da distribución de premios que ten ese sorteo previamente establecida: primeiro premio, segundo premio, terminación, aproximación, reintegro…).
Semanalmente e de forma ordinaria celébranse sorteos os xoves e os sábados. Os sorteos especiais substitúen o ordinario dos sábados e celébranse ese mesmo día. Os sorteos extraordinarios celébranse en datas determinadas, por exemplo:
- O Sorteo do Neno sempre se celebra o día 6 de decembro.
- O Sorteo de Nadal sempre se celebra o día 22 de decembro.
Lembra que se obtés un premio superior a 2000 €; para que poidamos proceder ao pagamento deberás indicarnos, a partir do detalle da aposta gañadora, a conta bancaria da túa propiedade onde queiras recibir o premio antes de que transcorran tres meses a partir da data da celebración do último sorteo no que participara a túa aposta gañadora.
Se acertas o reintegro (correspondente á última cifra do número no teu décimo), recibirás o valor do décimo xogado para ese sorteo.
Os sorteos teñen lugar xoves ás 21:00 e os sábados entre as 13:00 e as 14:00 horas.
A Lotería nacional ten diferentes posibilidades de acertares segundo o tipo de sorteo en que participes. A continuación mostrarémosche as probabilidades aproximadas de acertares para os sorteos máis habituais e os máis populares:
Sorteo de xoves ordinario (prezo do décimo: 3 €):
Categoría |
Posibilidades aproximadas de acertar |
Primeiro premio |
1 entre 100.000 |
Segundo premio |
1 entre 100.000 |
Extraccións de 4 cifras |
1 entre 2.500 |
Extraccións de 3 cifras |
1 entre 143 |
Extraccións de 2 cifras |
1 entre 11 |
Reintegro |
1 entre 3 |
Sorteo de sábado ordinario (prezo do décimo: 6 €):
Categoría |
Posibilidades aproximadas de acertar |
Primeiro premio |
1 entre 100.000 |
Segundo premio |
1 entre 100.000 |
Extraccións de 4 cifras |
1 entre 2.500 |
Extraccións de 3 cifras |
1 entre 100 |
Extraccións de 2 cifras |
1 entre 11 |
Reintegro |
1 entre 3 |
Sorteo de sábado especial (prezo do décimo: 12 €):
Categoría |
Posibilidades aproximadas de acertar |
Primeiro premio |
1 entre 100.000 |
Segundo premio |
1 entre 100.000 |
Terceiro premio |
1 entre 100.000 |
Extraccións de 4 cifras |
1 entre 2.000 |
Extraccións de 3 cifras |
1 entre 90 |
Extraccións de 2 cifras |
1 entre 11 |
Reintegro |
1 entre 3 |
Sorteo de sábado extraordinario (prezo do décimo: 15 €):
Categoría |
Posibilidades aproximadas de acertar |
Primeiro premio |
1 entre 100.000 |
Segundo premio |
1 entre 100.000 |
Extraccións de 4 cifras |
1 entre 2.000 |
Extraccións de 3 cifras |
1 entre 67 |
Extraccións de 2 cifras |
1 entre 50 |
Reintegro |
1 entre 3 |
Sorteo de sábado extraordinario (prezo do décimo: 20 €):
Categoría |
Posibilidades aproximadas de acertar |
Primeiro premio |
1 entre 100.000 |
Segundo premio |
1 entre 100.000 |
Terceiro premio |
1 entre 100.000 |
Extraccións de 3 cifras |
1 entre 1.250 |
Extraccións de 2 cifras |
1 entre 25 |
Reintegro |
1 entre 3 |
Sorteo do Neno (prezo do décimo: 20 €):
Categoría |
Posibilidades aproximadas de acertar |
Primeiro premio |
1 entre 100.000 |
Segundo premio |
1 entre 100.000 |
Terceiro premio |
1 entre 100.000 |
Extraccións de 4 cifras |
1 entre 5.000 |
Extraccións de 3 cifras |
1 entre 71 |
Extraccións de 2 cifras |
1 entre 20 |
Reintegro |
1 entre 3 |
Sorteo de Nadal (prezo do décimo: 20 €):
Categoría |
Posibilidades aproximadas de acertar |
Primeiro premio |
1 entre 100.000 |
Segundo premio |
1 entre 99.999 |
Terceiro premio |
1 entre 99.998 |
Cuarto premio |
1 entre 49.999 |
Quinto premio |
1 entre 12.499 |
Pedrea |
1 entre 100 |
Reintegro |
1 entre 10 |
© SELAE Todas as marcas de SELAE están rexistradas e está prohibido o uso destas por terceiros sen a autorización expresa de SELAE- Loterías y Apuestas del Estado