Último acceso: Sesión: - Último acceso:

Seguridade

S.E.L.A.E. pon á disposición do usuario esta nova canle, única oficial por Internet, coas mesmas garantías e funcionalidades que ofrece a súa operación tradicional nos puntos de venda.

Unha vez reciba confirmación da túa participación, que se emite decontado en liña cos sistemas centrais de xogo, saberás con certeza que as túas combinacións e prognósticos participan no sorteo ou concurso, coa garantía de S.E.L.A.E.

S.E.L.A.E. non pode garantir en caso ningún o bo fin de mandatos de participación que o público poida encargar a xestores autónomos.

S.E.L.A.E. custodia e procesa de forma segura, extremo a extremo, tódolos datos persoais do usuario, os seus datos bancarios e da tarxeta de crédito, as súas transaccións de pagamentos e cobros de premios, asegurando os aspectos de integridade (que a información non se estrague), de confidencialidade (que só a coñeca quen deba coñecela) e de dispoñibilidade (que estea dispoñible cando se precisa).

Algúns aspectos de detalle:

  • Tódala información en tránsito dende o equipo do participante ata as instalacións técnicas en Internet de S.E.L.A.E. realízase de forma cifrada, seguindo o esquema habitual (apoiadas no seu navegador de internet, empregando o protocolo criptográfico “SSL”, que acciona o ‘cadeado’ do navegador) que se activa grazas ao empleo dun certificado de servidor emitido a favor de S.E.L.A.E. pola Fábrica Nacional de Moneda y Timbre (FNMT).
  • O sistema de pagamento con tarxeta de crédito/débito empregado incorpora “Pagamento Seguro por Internet”, ou tamén coñecido como 3D Secure que garante que o pagamento coa tarxeta faino o titular da mesma única e exclusivamente.
  • A aplicación web deseñouse para evitar deixar rastros da información transmitida no seu ordenador, de forma que poida acceder ao servizo dende calquera sitio, en principio, sen temor. Porén, o equipo pode estar configurado para gardar as páxinas visitadas, o histórico de visitas, os contrasinais facilitados, etc. Agás que sexa un experto, recomendámoslle que empregue o servizo unicamente dende equipos da súa confianza.
  • A aplicación web emprega un mecanismo de control de acceso que require que identifique unhas letras “difíciles”, co fin de preservar de que ninguén poida suplantalo doadamente. Unha pequena incomodidade, pero moi necesaria, xa que contribúe de forma esencial a preservar os seus datos e a calidade do servizo.
  • A custodia de Tódala información que se realiza nas instalacións de S.E.L.A.E. rexístrase e procésase protexida por equipos e comunicacións de alta dispoñibilidade, para que estea sempre ao seu servizo.
  • A atención ao usuario, dende o Centro de Atención ao Usuario, operado por persoas do grupo S.E.L.A.E. especializadas nos Xogos e seguindo procedementos estritamente controlados e automatizados, asegura que a información presérvase nas debidas condicións.
  • Todo isto baseado nunha operativa profesional conforme cos máis modernos estándares de seguridade da información (ISO 27mil e WLA-SCS:2006) e de xestión da calidade (ISO 9000).

Porén o anterior, S.E.L.A.E. lembra aos usuarios da Rede que Internet non sempre é todo o segura que cabería agardar ou que parece aparentemente.

Se ben S.E.L.A.E. non pode evitar que o usuario poida sufrir algún tipo de incidente no seu uso de Internet, S.E.L.A.E. toma as máximas precaucións nas súas operacións e sistemas para evitar, dentro do posible, desarranxos. De feito, a concepción do sistema garante que os premios son percibidos unicamente polos usuarios a quen lles corresponde o premio.

Así e todo, S.E.L.A.E. nada pode facer para preservar a confidencialidade dos datos dun determinado participante ou doutros elementos se o devandito participante non coida a confidencialidade do seu nome de usuario e contrasinal. Dada a existencia de riscos en Internet, S.E.L.A.E. recomenda ao usuario que tome as axeitadas medidas de autoprotección, fundamentalmente de carácter técnico e de comportamento, fronte aos riscos de suplantación da personalidade ou violación da comunicación. A modo de exemplos:

  • No que respecta ao seu equipo e na medida en que lle resulte necesario, recoméndase que utilice as últimas versións dos programas informáticos dada a incorporación nestes de maiores medidas de seguridade para protexer a confidencialidade e integridade dos seus datos, e que revise axeitadamente as opcións de configuración, por exemplo para evitar que o seu navegador facilite involuntariamente o seu nome de usuario, contrasinal ou enderezo de correo nos servidores web aos que accede e que o solicitan.
  • No que respecta ao seu comportamento, rógase que acceda á web de S.E.L.A.E. escribindo o enderezo web personalmente e non usar hiperenlaces ou favoritos non de fiar, para evitar determinados engaños, e que nunca facilite por correo electrónico ou por teléfono os seus datos de acceso ou persoais, e asegúrese que chama por teléfono ao número do Centro de Atención ao Participante.

Para a mellor experiencia no uso desta canle de relación, recoméndase ao Participante o emprego dos seguintes medios técnicos:

  • Navegador: Internet Explorer 6 ou superior, Mozilla 2.0.0.10 ou superior.
  • Resolución de pantalla recomendada: 1.024x768
  • Para ver algúns dos contidos, será necesario o plugin Adobe Flash
  • Para consultar algúns dos documentos será necesario ter instalado o plugin Adobe Reader.
  • Debe ter activadas no seu navegador as opcións de Java e javascript.
  • Debe ter habilitadas as cookies no seu navegador.

Non existen requisitos nin restricións respecto ao ordenador ou sistema operativos empregados.