Último acceso: Sesión: - Último acceso:

Subscricións para non esquecerme de xogar

As subscricións son a maneira de xogar aos nosos xogos sen ter que acceder á web ou á aplicación,

simplemente mantendo a túa lotobolsa con saldo abondo para que as apostas que ti decidas se xoguen semanalmente de forma automática..

  • As apostas xeraranse durante a madrugada do primeiro día no que sexa posible xogalas, tras os sorteos anteriores. Por exemplo, se xeras a túa subscrición para unha aposta de Bonoloto que xogue nos sorteos de luns a sábado, executarase a subscrición durante a madrugada do sábado ao domingo para participar en todas as apostas da semana seguinte. En todos os casos recibirás un correo co teu resgardo virtual exactamente igual que se entrases e apostases na web.


Para xerar unha subscrición necesitarás realizar unha aposta a través da web ou das aplicacións oficiais e no segundo paso da compra darémosche a opción de que te subscribas.

  • Deberás indicar o tempo (número de semanas) polo que desexas subscribirte (ou indefinida ata que se esgote o saldo da túa lotobolsa) e ter saldo abondo na túa Lotobolsa para que as túas apostas poidan validarse.  
  • A subscrición poderá ter unha combinación fixa (que ti elixas) ou unha automática, agás en Quíntuple Plus (en que o sistema elixe unha combinación diferente cada semana), segundo o que decidas ao xerar a túa aposta.

Só terás que lembrarte de ingresar periodicamente saldo abondo na túa lotobolsa para non deixar de xogar ningunha semana aos nosos xogos. Se non é así, a túa subscrición non se executará e quedará deshabilitada.


  • Podes xerar subscricións para os nosos xogos Deportivos e de Lotos.
  • No caso de Lotería Nacional xerarase unha petición de compra, pois dado que non é posible comprometernos a que se poida adquirir o décimo coas características que desexes todas as semanas porque puido ser vendido nalgún punto de venda, quizás a petición non se vexa satisfeita para algún sorteo. Nestes casos, serás avisado inmediatamente deste feito por correo electrónico, para que poidas realizar unha compra para ese sorteo por outros medios se así o desexas.

     A solicitude de compra NON SE REALIZARÁ para os sorteos ESPECIAIS nin tampouco para os sorteos EXTRAORDINARIOS.