Último acceso: Sesión: - Último acceso:

Como xogar á Quiniela en loteriasyapuestas.es

 

Cada aposta de La Quiniela consiste en seleccionar o gañador de 14 partidos da xornada de fútbol asociada, e o resultado exacto dun partido máis (o denominado "pleno ao 15"), tendo en conta que 3 ou máis goles se indica co signo M. Se se prognostica gañador o primeiro equipo, márcase o signo "1"; se se prognostica gañador o 2º equipo, márcase o signo "2", e se se prognostica un empate, márcase o signo "X". En La Quiniela destínase o 55% da recadación a premios.

  • Para participar soamente tes que:

1.- Elixi-lo prognóstico do gañador dos 14 partidos máis o resultado exacto do pleno ao 15, que desexas xogar.

2.- Podes elixir até 8 prognósticos diferentes dos primeiros 14 partidos (apostas sinxelas de varios bloques) dunha soa vez, ou unha combinación de máis prognósticos para os 15 partidos, marcando varios prognósticos en cada partido dunha soa vez (aposta múltiple).

Tamén podes xogar apostas condicionadas ou reducidas (véxase a documentación adxunta respecto diso).

3.- Engadi-lo prognóstico desexado á túa compra.

4.- Continuar e decidir se queres realiza-la mesma compra en semanas sucesivas ou non.

5.- Revisar tódalas opcións e xogar.

 

Se realizases unha Quiniela de maneira aleatoria, sen teres en conta o que sabes de fútbol, terías as seguintes probabilidades aproximadas de acertares en cada categoría de premios:

Categoría

Posibilidades aproximadas de acertar

Pleno ao 15

1 entre 76.527.504

1ª (14 Acertos)

1 entre 4.782.969

2ª (13 Acertos)

1 entre 170.820

3ª (12 Acertos)

1 entre 13.140

4ª (11 Acertos)

1 entre 1.643

5ª (10 Acertos)

1 entre 299

Ademais, con cada aposta que realices, tes a oportunidade de xogar ao Elige8 por 0,50 € máis, con premios para todos os teus boletos que acerten os 8 partidos que elixas:Simplemente, ao realizares a túa aposta da Quiniela, elixe participar ao Elige8 e marca os partidos cos cales desexas participar cos prognósticos indicados na primeira columna, neste xogo. Optarás, polo tanto, a estes premios ademais dos habituais da Quiniela.

Neste caso, se realizases a túa Quiniela de maneira aleatoria, elixindo tamén aleatoriamente os partidos que xogases ao Elige8, terías as seguintes probabilidades aproximadas de acertares:

Categoría

Posibilidades aproximadas de acertar

8 Acertos

1 entre 6.561

  • É posible xogar Quinielas condicionadas directamente na web. Revisa como facelo:

 

  • Realizar unha Quiniela reducida é doado e rápido: