Último acceso: Sesión: - Último acceso:

Se xa xogo no meu punto de venda, que máis me ofrece a web?

Recibir os resultados dos nosos xogos directamente no teu correo:

Todos os resultados dos nosos xogos podes atopalos na nosa web e aplicacións, pero, se así o desexas, podemos enviarche diariamente ao teu correo os resultados dos teus xogos favoritos, a mesma noite na que se celebren os sorteos ou as xornadas deportivas.

Comprobar os teus resgardos e décimos para ver se obtiveches algún premio:

Para comprobar os teus resgardos ou décimos basta con que accedas aos resultados do xogo correspondente e utilices o comprobador dispoñible. Obterás o importe exacto do teu premio detallado por categorías co fin de que coñezas canto diñeiro poderás cobrar ao presentar o teu resgardo no teu punto de venda habitual.

Gardar combinacións e prognósticos para comprobalos logo:

Podes gardar unha combinación que xogues habitualmente para comprobala posteriormente ou xogala a través da web, cando desexes:

  • Accede ao boleto virtual de calquera dos nosos xogos.
  • Xera a túa combinación e fai clic en “Engadir a Favoritas”.

Aparecerache un campo no que debes indicar o nome co que se identificará a combinación que desexas gardar.

Poderás consultar as túas apostas favoritas sempre que o desexes no apartado “Favoritas”.

  • Para comprobar a túa aposta favorita, accede ao seu detalle desde o apartado "Favoritas" e preme en "Comprobar". Amosarémosche se a túa aposta favorita resultou premiada para o día do sorteo que indicases.

Encontrar décimos de Lotería Nacional (Sorteo de Navidad, Sorteo del Niño...):

Ofrecémosche a posibilidade de encontrar o punto de venda onde se vende o número que buscas para os teus décimos de Lotería Nacional, incluídos os de Nadal ou do Neno, se xa estivesen á venda, a través da ligazón situada no pé de páxina:

Se se vendese por internet, poderás compralo directamente desde o mesmo formulario. Neste caso, proporcionarémosche un décimo virtual, en lugar do tradicional décimo, que ten a mesma validez ca este: