Sesión:
-
Último acceso:
A Orde do Ministerio de Economía e Facenda 2566/2005, do 20 de xullo, autoriza a Loterías y Apuestas del Estado á comercialización e explotación dos seus produtos a través de Internet ou doutros medios interactivos.
Polo tanto, esta web e estas aplicacións son as únicas que aseguran que, no momento en que ti realices a aposta, esta foi gravada nos Sistemas Centrais de xestión do xogo sen a intervención de ningún intermediario, de forma automática, e participa así nos sorteos de Loterías del Estado.
Ao xogar directamente con Loterías, estás beneficiándote da garantía do Estado directamente. SELAE pertence ao Ministerio de Economía e Facenda e, polo tanto, non hai ningún intermediario entre ti e a garantía que che ofrece o Estado en catro puntos principalmente:
Para conseguir isto, a páxina web loteriasyapuestas.es e as aplicacións están conectadas directamente aos Sistemas Centrais que recollen todas as apostas que participan logo no sorteo: Cando realizas a túa aposta, non existe nada entre medias.
É o Sistema Central o que acepta a túa aposta e só neste caso se emite o resgardo electrónico. Se o Sistema Central non confirma a dita aposta, esta non se realiza. Posteriormente, só as apostas existentes no Sistema Central participan no escrutinio de gañadores.
Por iso, só na nosa web oficial e nas nosas aplicacións oficiais podes xogar en liña aos nosos xogos SEN COMISIÓNS E CUMPRINDO A LEI DO XOGO.
Este proceso está sometido ás máis estritas medidas de seguridade e nunca sufriu ningún problema relevante desde a súa creación. SELAE posúe varias certificacións emitidas por BSI como:
- Estándar de calidade ISO:9001:2008
- Seguridade da información ISO/IEC 27001:2005
- Control de Seguridade da Asociación Mundial de Loterías WLA e de Xestión Integrada, PAS 99:2006.
No seguinte esquema amosámosche graficamente o funcionamento:
As apostas realizadas están asociadas exclusivamente á persoa que as fixo. Se esta persoa consegue un premio maior (a partir de 2000 euros), pagarase directamente na conta bancaria que indicou a partir do detalle da aposta gañadora e despois de cubrir o formulario de coñecemento adicional do xogador e verificar documentalmente a súa identidade, accedendo ao noso proceso de verificación de identidade a través da nosa aplicación oficial para iOS ou Android na pantalla de Datos persoais ou premendo aquí..
Se o premio obtido é un premio menor (menos de 2.000 euros), o dito premio será transferido á túa Lotobolsa, desde a que poderás descargar igualmente o seu importe mediante transferencia bancaria.
É así de doado: ti cobras as túas apostas directamente desde os bancos cos que SELAE opera, no banco que ti nos comunicases. De novo SEN INTERMEDIARIOS e sen preocuparte polos teus resgardos físicos.
SELAE opera os seguintes xogos no mercado español:/p>
As principais normas relativas aos xogos podes atopalas aquí. Estas normas definen a forma de apostar en cada un dos xogos. Só esas formas de apostar son as aceptadas polo Sistema Central e os premios son asignados ás ditas apostas.
A responsabilidade, a transparencia, a integridade e seguridade, o rigor, o compromiso e a orientación ao xogador son os valores fundamentais de SELAE, que identifican toda a súa actividade e que SELAE ofrece e demanda a todos os seus grupos de interese.
Os ingresos que son obtidos da xestión dos xogos por SELAE reverten no Tesouro Público e, polo tanto, prodúcese un reinvestimento de beneficios nunha contribución ao benestar xeral, apoio ao deporte, á cultura e aos fins sociais.
2023 © SELAE Todas as marcas de SELAE están rexistradas e está prohibido o uso destas por terceiros sen a autorización expresa de SELAE- Loterías y Apuestas del Estado