Último acceso: Sesión: - Último acceso:

Resto de datos persoais solicitados

Os teus datos persoais son necesarios segundo establece a Ley 13/2011, de 27 de mayo, de Regulación del Juego.

O resto de datos que tes que completar son os seguintes:

Segundo paso: 

  1. Correo electrónico: introduce o correo que desexes empregar para identificarte na páxina web e para que podamos poñernos en contacto contigo dende o Centro de Atención de Usuarios, así como para recibi-las notificacións de premios e novas interesantes procedentes desta páxina web.
  2. Contrasinal: será o contrasinal empregado para o teu acceso como usuario á páxina web. Lémbrao e non o entregues a ninguén. O contrasinal terá un mínimo de 8 caracteres; non se pode emprega-lo nome de usuario como contrasinal; deben mesturarse letras maiúsculas, minúsculas e números; e soamente permítense algúns caracteres especiais.
  3. Pregunta segreda:  é a pregunta que faríamosche no caso de que te poñas en contacto connosco para confirma-la túa identidade. Debes escribi-la pregunta segreda que desexes, e podes incluír espazos e signos de interrogación.
  4. Resposta segreda:  é a resposta dada á pregunta anterior e que terás que contestar cando te fagamos a pregunta segreda en caso de que te poñas en contacto connosco. Domicilio: o teu enderezo, necesario segundo a mencionada Ley 13/2011, de 27 de mayo, de Regulación del Juego.
  5. País de Residencia: Consoante as medidas de prevención da fraude adoptadas por SELAE, o país onde resides debe ser España.
  6. Enderezo: O teu enderezo, necesario segundo a Lei de ordenación do xogo .
  7. Código postal: mesma razón que enderezo.
  8. Rexión fiscal: a rexión española na que resides para os efectos do pago de impostos, xa que os premios obtidos na web están suxeitos a fiscalización.
  9. Nacionalidade: por defecto, aparece "España", pero aínda poderá modificarse cando o NIF/NIE corresponda a un estranxeiro instalado en España. Este apartado non se poderá modificar.
  10. Teléfono: O teu teléfono, opcional segundo a Lei de ordenación do xogo .
  11. Número de conta bancaria: a conta na que desexas recibir o saldo da lotobolsa que desexes devolver ou os premios que vaian á lotobolsa. É un dato obrigatorio no rexistro.
  12. Punto de venda asociado: é obrigatorio cubrir este apartado onde aparece o código do teu punto de venda favorito. Para seleccionar este punto de venda podes introducir o código de forma manual, se o coñeces, ou indicar o seu código postal. Nese caso deberás facer clic no enlace "Seleccionar o punto de venda", onde che aparecerán os puntos de venda da zona que pertenzan a ese código postal. O código do receptor marcado será automaticamente cuberto. 
  13. Consideracións legais: Debes aceptar o contrato de xogo para poder rexistrarte no noso sitio web.
  14. Servizos adicionais: decide que servizos adicionais se engaden ás notificacións relacionadas co xogo en liña que desexas recibir do noso sitio web.

Unha vez indicados tódolos campos, preme "CREAR CONTA" para valida-los datos e confirma-lo teu rexistro no Portal.

SELAE garante a privacidade dos teus datos de acordo á Ley Orgánica 15/1999, de 13 de diciembre, de protección de datos de carácter personal y su normativa complementaria. Devanditos datos non serán nunca entregados a terceiros, excepto aqueles precisos e obrigados por lei para a Agencia Tributaria no caso de pagamento de premios.