Uso de Cookies

Nas Webs de SELAE empregamos cookies tanto propias coma de terceiros para mellora-la túa experiencia de usuario, realizar análises estatísticas e ofrecerche información de interese. Se continúas a navegar, entenderemos que aceptas o seu uso. Se necesitas máis información ou queres saber como rexeitalas ou eliminalas, fai clic aquí.

Último acceso: Sesión: - Último acceso:

A seguridade na web e nas aplicacións oficiais

Seguridade dos teus datos persoais: 

Desde Loterías asegurámosche a confidencialidade dos teus datos, xa que utilizamos os teus datos unicamente para a xestión do servizo que che prestamos a través desta web e das nosas aplicacións. Non existe ningún traspaso de información a terceiros agás naqueles casos onde Loterías del Estado está obrigada a entregala por lei, como a obrigatoriedade de informar dos premiados a Axencia Tributaria (e exclusivamente a ela) no caso de premios maiores.

Loterías del Estado segue escrupulosamente o establecido polo RGPD (Regulamento xeral de protección de datos) e ti podes exercitar todos os teus dereitos sobre os teus datos a través deste portal ou en contacto directo cos teléfonos que aparecen nel.

 

Seguridade da túa navegación:

Sempre que accedas á zona de xogos e á área privada de usuario rexistrado conectaraste automaticamente utilizando os últimos estándares de seguridade. En calquera páxina da web onde vexas datos persoais, estes datos estanse transmitindo a través dun protocolo seguro ata a túa pantalla.

Loterías del Estado realiza frecuentes revisións periódicas da seguridade da web e das aplicacións oficiais co fin de detectar calquera posible deficiencia ou vulnerabilidade. Non obstante, a protección do teu móbil ou ordenador persoal para acceder é responsabilidade túa e dependerá dos teus hábitos de uso e das ferramentas que teñas instaladas, que este punto estea completamente seguro ou teña algunha deficiencia. Recomendámosche que sempre teñas o teu antivirus actualizado e que comprobes a seguridade do teu dispositivo de acceso periodicamente.

 

Seguridade no uso da túa tarxeta como medio de pago:

Este portal incorpora a posibilidade de utilizar tarxeta de crédito/débito para as cargas da Lotobolsa, que implica un mecanismo de autenticación segundo as especificacións do teu banco. Desta forma, aínda que che subtraian a túa tarxeta ou cha rouben, non poderán utilizala na nosa web ou aplicación ata que saiban a clave secreta que ti definiches. Isto é o que se denomina tarxetas securizadas. Para saber como securizar as túas tarxetas ou obter máis información sobre este asunto, diríxete a: VISA, Mastercard ou ao teu propio banco.

 

Por último, hai que lembrar que Loterías del Estado pode bloquear xogadores cando observe comportamentos potencialmente sospeitosos ou fraudulentos ou que non cumpran a normativa especificada nas condicións de uso, e posteriormente iniciar as accións legais pertinentes en cada caso.