Último acceso: Sesión: - Último acceso:

PREGUNTAS FRECUENTES SOBRE A FACTURACIÓN DE LOTARÍA NACIONAL

  • Que apartados debo completar para solicitar a factura?
  • Indica o Resumo de Operacións Cualificado (ROC) que che entregaron no momento da compra.
  • Indica o enderezo de correo electrónico ao que desexas que se remita a factura.
  • Selecciona o tipo de documento correspondente: NIF/NIE ou pasaporte.
  • Indica todos os díxitos do documento, incluídos os ceros á esquerda, se os houber, do empresario ou profesional solicitante da factura.
  • Indica o nome e apelidos ou razón social do empresario, profesional ou sociedade solicitante da factura.
  • Indica o teu domicilio fiscal e a túa data de nacemento.

 

  • Que campos podo modificar se me equivoquei ao indicar os datos para solicitar a factura?
 
  • Unicamente se permite a modificación do campo «Domicilio fiscal».

 

  • Como podo solicitar a modificación do «Domicilio fiscal» se me equivoquei ao solicitar a factura?
 
  • Debes poñerte en contacto co CAU a través do teléfono 900 11 23 13 ou do correo electrónico cau@selae.es e indicar que che corrixan a factura.

 

  • Podo obter unha copia da factura se a perdín ou se extraviou?
 
  • Si, debes poñerte en contacto co CAU a través do teléfono 900 11 23 13 ou do correo electrónico cau@selae.es e solicitar que che envíen a factura por correo electrónico.