Último acceso: Sesión: - Último acceso:

Como ingreso diñeiro para xogar

Logo de entrar no sistema tecleando o teu NIF/NIE e o teu contrasinal, verás na cabeceira o teu espazo persoal e unha icona que che permitirá ingresar diñeiro na túa lotobolsa, o moedeiro virtual en Loterías que terás que utilizar para pagar as túas apostas. Lembra que sempre poderás descargar completamente gratis calquera diñeiro que ingreses neste moedeiro.L

Preme sobre:

Ao premer sobre el, abrirase unha páxina na que poderás seleccionar a forma de cargar a túa lotobolsa, sen ningunha comisión (o diñeiro que decidas será do que dispoñas para xogar unha vez transferido):

  • Tarxeta bancaria
  • Traspaso rápido desde a web do teu banco

Para operar coa túa tarxeta bancaria

Deberás ingresar unha cantidade superior a 1 € e teclear posteriormente os datos da túa tarxeta na web do centro procesador externo a Loterías. Ademais, dado que só permitimos tarxetas securizadas, o teu banco emisor pedirache un pin de seguridade (código SMS, pregunta secreta…) para confirmar que realmente es ti quen está a utilizala.

Só está permitido o pagamento a través de tarxetas bancarias emitidas en España

Se non desexas teclear os datos da túa tarxeta cada vez que cargues a túa lotobolsa, marca a opción para utilizar a tarxeta da túa última carga realizada.

Para operar con PayPal

debes ingresar unha cantidade superior a 1 € e acceder despois á web de PayPal premendo o botón correspondente onde se che solicitarán os teus datos para confirmar a operación.

Por seguridade, PayPal só acepta unha conta de Loterías por cada conta de PayPal, polo que non será posible que empreguedes dúas persoas a mesma conta de PayPal para cargar as vosas lotobolsas. 

 

Para operar co teu banco 

Debes ingresar unha cantidade superior a 0,10 € e acceder despois ao sitio web do teu banco premendo o botón correspondente onde este che solicitará unha confirmación da operación solicitada.

Preme aquí para consultares as entidades bancarias que podes utilizar. 

En calquera caso, lembra que, para ingresares máis de 150 € (sumando todas as cargas realizadas desde o 28/3/2019), deberás ter os teus datos persoais verificados documentalmente. Para iso, ten á man o teu DNI/NIE e accede desde un dispositivo móbil con cámara ao noso proceso de verificación de identidade a través da nosa app oficial para IOS ou Android ou desde a pantalla de datos persoais premendo aquí.