Sesión:
-
Último acceso:
O compromiso de Loterías co xogo responsable é unha peza clave da súa Responsabilidade Social Corporativa e da súa actividade, manifestado a través da implantación rigorosa das mellores prácticas de Xogo Responsable en Loterías. Dende 2013, Loterías mantén a certificación no estándar de boas prácticas de Xogo Responsable da Asociación de Loterías Europeas (European Lotteries, EL).
Este marco de certificación non é un recoñecemento estático; require unha recertificación cada tres anos. Este proceso garante que os operadores certificados, como Loterías, sigamos traballando na mellora continua en cada un dos apartados que comprende o estándar.
Ademais, o compromiso de Loterías esténdese a nivel global, xa que tamén conta coa certificación en Xogo Responsable da World Lottery Association (WLA). Esta dobre certificación reitera a dedicación de Loterías aos estándares internacionais máis altos na promoción dun entorno de xogo seguro e responsable para todos os seus participantes.
© SELAE Todas as marcas de SELAE están rexistradas e está prohibido o uso destas por terceiros sen a autorización expresa de SELAE- Loterías y Apuestas del Estado