Último acceso: Sesión: - Último acceso:

 

Política e Principios

En todas as súas operacións e actividades, Loterías ten un firme compromiso co Xogo Responsable, baseado na seguinte política e principios:

Política de xogo responsable

  • Cumprir coa lexislación en materia de xogo e xogo responsable, así como outros compromisos que SELAE asine de forma voluntaria.
  • Implantar todos os mecanismos, tanto preventivos como operativos, ao noso alcance para evitar a venda de xogos a menores.
  • Deseñar e implantar xogos que teñan un perfil baixo de risco de xogo problemático.
  • Promover unha cultura de Xogo Responsable en SELAE, a través da formación dos empregados, axentes de punto de venda e delegados, así como da actuación ética e responsable dos profesionais de SELAE co obxectivo de minimizar un posible impacto negativo xerado polo xogo.
  • Deseñar e implantar mecanismos que permitan aos nosos participantes ter control sobre o seu xogo.
  • Impulsar a implantación de mecanismos de prevención e detección de comportamento de xogo de risco nos nosos participantes, implementando medidas oportunas nos nosos canais de venda, así como realizar o seguimento adecuado para previr estes comportamentos.
  • Promover o xogo responsable en todas as nosas accións comunicativas.
  • Promover estudos que nos permitan coñecer o impacto dos xogos nos nosos participantes e mellorar o noso modelo de Xogo Responsable.
  • Promover unha publicidade responsable dos nosos xogos, que estea alineada coa legalidade vixente, o noso modelo de xogo responsable e os nosos valores.
  • Proporcionar ao cidadán información precisa e adecuada para que poida realizar de forma razoable e moderada as súas actividades de xogo, promocionando actitudes de Xogo Responsable.
  • Apoyar iniciativas que contribúan a impulsar o Xogo Responsable e a minimizar o impacto que algúns xogos poidan ter en persoas vulnerables.
  • Fomentar a axuda ás persoas con problemas co xogo a través de centros públicos ou entidades declaradas de ben público.
  • Informar de maneira transparente sobre os resultados e actuacións de Xogo Responsable realizadas.
  • Promover a mellora continua no noso modelo de Xogo Responsable de SELAE.
  • Poñer a política de Xogo Responsable á disposición de todas as partes interesadas.

Principios

  • Incorporar mecanismos para evitar o acceso indebido ao xogo por parte dos menores.
  • Fomentar a integridade e a colaboración na loita contra o xogo ilegal.
  • Identificar as mellores prácticas respecto ao Xogo Responsable.
  • Introducir o Xogo Responsable como parte integral das súas operacións, establecendo regras claras co fin de asegurar o cumprimento da normativa aplicable e protexer os intereses dos xogadores e grupos vulnerables.
  • Fomentar investigacións e/ou estudos co fin de contribuír á comprensión por parte da sociedade do impacto social do xogo, comunicando os seus resultados aos grupos de interese.
  • Proporcionar ao público información precisa e adecuada para que poida facer unha selección razoable das súas actividades de xogo, promocionando actitudes de Xogo Responsable.
  • Facilitar formación e información en materia de Xogo Responsable aos empregados de SELAE e implementar programas para os Axentes de Venda.
  • Informar aos xogadores e Axentes de Venda sobre Centros Especializados de Axuda ou Asociacións en caso de xogo excesivo.
  • Mellora continua nos seus programas de Xogo Responsable.