Sesión:
-
Último acceso:
En cumprimento da Lei 13/2011, do 27 de maio, de Regulación do xogo, e os regulamentos que a desenvolven, a Sociedad Estatal de Loterías del Estado aplica unha estrita política de verificación da identidade dos participantes nos seus xogos a través de loteriasyapuestas.es. Todo participante debe facilitarnos uns datos persoais (nome e apelidos, NIF/NIE e data de nacemento) verídicos e correspondentes a un maior de idade. A identidade e maioría de idade do participante será comprobada en liña mediante unha conexión segura co organismo regulador competente en materia de xogo. Para tales efectos, os datos no teu Rexistro de Usuario deben coincidir con total precisión cos que figuran no teu Documento Nacional de Identidade, ou na túa Tarxeta de Identificación de Estranxeiro, da seguinte maneira:
Ademais, a normativa actualmente vixente obríganos a verificar documentalmente os datos persoais que nos achegaches no caso de que precises realizar unha descarga, cobrar un premio na túa conta bancaria ou cargues unha cantidade que supere, sumando todas as túas cargas desde o 28/3/2019, a cantidade de 150 €.
Para iso, terás que acceder ao noso Proceso de verificación documental de identidade a través da páxina de Datos persoais na nosa plataforma web, ou a través das nosas app oficiais para iOS e Android.
Dispós de dúas opcións para verificares a túa documentación de maneira automática:
1) Podes inicialo cun dispositivo móbil con cámara e permitirnos realizar:
2) Tamén podes inicialo desde o teu PC o calquera dispositivo móbil anexando:
O noso proceso validará automaticamente que a información presentada se corresponde exactamente cos datos persoais que indicaches no proceso de rexistro ou actualizaranse cos indicados documentalmente, e a partir dese momento levantaranse as restricións sobre as cargas, descargas e pagamento de premios.
No caso de que te rexistrases cun NIE e non dispoñas dun documento de identidade con foto, durante o proceso de verificación documental de identidade automático, ao comprobar que o documento que achegas non é suficiente para verificarte, indicarémosche como debes proceder para realizares a túa verificación de identidade de forma manual.
Mentres a túa identidade e datos persoais non poidan confirmarse, o teu rexistro de usuario permanecerá en estado de «identidade non verificada» e aplicaranse as restricións que procedan segundo o establecido no Contrato de xogo e a normativa actualmente vixente.
Nesta ligazón, tes máis información sobre a verificación documental da identidade
© SELAE Todas as marcas de SELAE están rexistradas e está prohibido o uso destas por terceiros sen a autorización expresa de SELAE- Loterías y Apuestas del Estado